Publicado por : Adycto 16 de outubro de 2007

Unha e outra vez teño escoitado á vicepresidenta do goberno español, María Teresa Fernández De la Vega, falar da independencia do Poder Xudicial en España. Así, cando foi o tema do secuestro xudicial da revista "El Jueves", a vice falaba da "independencia das decisiósn xudicias" e cando o goberno andaba con isto do proceso de paz, ela mesma "garantiu a independencia xudicial" ante as decisións que se adoptaran contra os batasunis. O outro día, sen embargo, durante o desfile do día da hispanidade en Madrid puidemos ver como a vicepresidenta discutía acaloradamente, no palco de autoridades, coa presidenta do Tribunal Consitucional, María Emilia Casas. A verdade é que en Xornal Aberto non temos os medios que teñen no Mundo pero, neste bórico xornal madrileño, contrataron a un especilista en leer nos beizos para tratar de averiguar o que dicían. Esta é, segundo o Mundo, a conversa que mantiñan dúas das mulleres máis importantes de España o pasado 12 de outubro:
Fernández de La Vega: Es un abuso. Para mí... te digo que es
una putada. Es igual... hay que tomarlo. (Más adelante,
insiste):
De La Vega: No me gusta, de una p... vez. Esto nos
pasa por respetar el Capítulo. Es una burla que te...– (dice, en otro
momento).
María Emilia Casas: Por mí, no te preocupes, te estoy diciendo que yo no puedo... –(dice la presidenta del Tribunal Constitucional, mientras intenta tranquilizar a la vicepresidenta)
De La Vega: No puede ser, no puede ser.
Casas: Ya veremos, hombre.
De La Vega: Que para el mundo no será así ...



Os da Teoría da Conspiración Española (Cope, Mundo e Liberdade Dixital) din que falan do "Estatut" e na comparecencia do vindeiro venres, De la Vega dirá que falaban de fútbol pero a verdade as imaxes, sen coñecer o contido do que están a falar, din máis sobre a independencia xudicial en España que todas as declaracións da vicepresidenta xuntas.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -