Publicado por : Adycto 29 de outubro de 2007


Escribo isto so para que saibades que estou ben e que o meu viaxe a Cádiz foi estupendo. Como xa levaba tempo sen escribir, moitos de bos (gracias a todos) enviáchesme correos preguntando pola miña saúde e esas cousas pero teño que diciros a todos que, aínda que non o pareza, estou moi ben. Non escribín aínda nada porque estou agora moi liado co tema do traballo (polo que me pagan) e, por ese motivo e pola sempiterna vagancia que me persigue dende hai anos, non escribin nada ate hoxe. Pero como vexo que andades preocupados pola miña saúde que mellor que falaros dun enlace que descubrín a través dun amigo hai algún tempo. Chámase reloxo mundial e nesta páxina poderedes atopar datos a "tempo real" sobre a situación que vive o mundo (mortes, nacementos, etc). Os datos, evidentemente, se conseguen dende un programa estatístico de cálculo pero a verdade é que paga a pena ollalos porque sonche moi divertidos. Podedes atopalo neste enlace.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -