- Atrás »
- Caixon desastre , Galiza , política »
- HOXE VAI DE VIDEOS
Publicado por : Adycto
15 de outubro de 2007
A verdade é que levamos uns días nos que os videos son os principais protagonistas da información. A cousa comezou o pasado xoves cando un dubitativo Madiano felicitaba a todos os españois o día da Hispanidade a través dun video, máis propio dos Borbóns que dos peperos, no que animaba a todo o mundo a sacar con orgullo a bandeira a pasear. O video en sí é bastante chungo pero eu o interpreto como un video máis da campaña electoral na que andan metidos xa os grandes partidos estatais. Tras o video de Madiano chegou o video de Luis Aragonés. O follonero de Buenfanuente grabou unhas declaracións do seleccionador español nas que non poñía demasiado ben a Raúl (o do Mandril) e que deron á volta ao país en cinco minutos. Sen embargo, como galegos que somos, o video que nos interesa de verdade é o da nova campaña publicitaria dos supermercados GADIS. A verdade é que facía moito tempo que non veía unha campaña publicitaria tan boa como esta. Parabéns para os que tiveron a idea e para os que a sacaron adiante.
Publicar un comentario