Publicado por : Adycto 9 de outubro de 2007

Hoxe teño moi pouco tempo para escribir pero, aínda así, teño algo interesante que contar. Hai uns días descubrín de casualidade (escribindo mal no google un nome) una páxina web e un proxecto que pode ser de interese para moitos de nos. Chámase Banco Común de Coñecemento e trátase dunha experiencia piloto sobre o intercambio de coñecementos, unha iniciativa para o aproveitamento do coñecemento, potenciado a raíz da expansión das novas tecnoloxías e as redes dixitais. Trátase de algo moi sinxelo e, ao mesmo tempo, moi interesante e que se resume nesta pregunta: Que che gustaría saber facer pero nunca atopaches quen cho explique?. No BCC poden explicarcho...Aprender a respirar ben, a facer uns auriculares, a montar unha rede libre, a facer cervexa,...


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -