Publicado por : Adycto
12 de setembro de 2007
Despois de case que unha semana sen escribir no blog por motivos alleos a esta Casa, Xornal Aberto volta máis friki que nunca. O caso é que hoxe é día 11 de setembro e como esta xornada está marcada a lume nos calendarios de todas as redaccións do mundo, Xornal Aberto non podía menos que apuntarse ao carro das homenaxes. Parece que foi onte cando un estaba vendo ao bo de Matías Prats anunciar, hai agora 6 anos, que un avión escachara cunha das "emblemáticas Torres Xemelgas da cidade dos rascaceos" cando, xa en directo, os asombrados telespectadores podíamos comtemplar o segundo dos impactos. Dende ese día, moitas cousas cambiaron. Moitos puntos negros sen aclarar nas investigacións dos atentados, un par de guerras polo medio, algunha película lacrimóxena e a "Rudy" Giulliani (alcalde de Nova Yorke nesa data) partindo como un dos favoritos para loitar pola candidatura á presidencia dos Estados Unidos na actualidade. Houbo centos de miles de homenaxes, discursos altisonantes, fotos para a lemranza, etc, etc pero nada comparable ao que hoxe levamos a portada neste blog. Trátase de Delfín Quishpe, un talento creativo da natureza que compuxo a canción definitiva, se cadra o auténtico himno, para conmemorar este día tan sinalado da historia recente da humanidade. Pouco a pouco vaille chegando a este espectacular artista o recoñecemento que persigue e, a día de hoxe, xa é número un dos Kuarenta Demenciales. Disfrutade con Delfin. Disfrutade coa súa música, co seu talento para a interpretación e, coma non, coa letra da canción: unha auténtica homenaxe para as vítimas.
Maxestuoso!
Mágoa que pensemos que os Estados Unidos son o centro do mundo. Tamén foi 11-S en Catalunya, Chile...
Non esquezamos
delfin merece un grammy latino ya