Publicado por : Adycto 6 de setembro de 2007


"Terá observado o lector, se é que nos lee, que nin seguimos método, nin observamos orde, nin facemos senón saltar dunha materia a outra, como aquel que non entende ningunha, ás veces en mala prosa, ás veces en versos duros, xa denunciando á pública indignación necios e viciosos, xa afectando coñecemento do mundo en aplicacións xeneralmente frías e insípidas". Así iniciaba Larra o seu artigo "Casarse pronto y mal" un 30 de novembro de 1832 e así iníciase hoxe este novo post de Xornal Aberto. Citamos a Larra porque, ademais de ser un dos mellores articulistas de todos os tempos en lingua castelán, é un autor para o que non pasan os anos. Por exemplo, teorizando sobre as opinións dos homes, Larra fala, neste mencionado artigo, de que habitualmente "opinión es, moralmente, sinónimo de situación" e don Mariano (no Madiano) o xustifica dicindo que "Que dean dez mil duros do seu soldo a aquel frenético que dicíame onte que todas as cousas ían ao revés, e que o meu patriotismo poñíame na precisión de falar claro: veremos agora como clama que as cousas xa están ao dereito, e que xa dá todo máis esperanzas. Mudouse o seu corazón? Mudaron as cousas? [...] Non, señor; nin mudaron as cousas, nin deixarán os homes de ser tontos, nin o mundo será felíz. Pero mudou o seu soldo e nada hai máis xusto que isto mude a súa opinión".


Diredes que a que ven todo isto e que terá que ver Larra e as súas opinións sobre as opinións dos homes coa actualidade diaria, e eu contestarei que moito. Hoxe, Antón Losada, a man dereita (non me gusta nada esta expresión) do vicepresidente Quin cesou no seu cargo e, segundo as explicacións dadas por Smallbull (Touriño) na posterior rolda de prensa, o fixo por motivos persoais que nada teñen que ver coa "supostas friccións" que os medios din que hai no bipartito. Como sempre, os ceses son por motivos persoais (Bono, Vázquez, Ibarra, etc, etc) e nunca por motivos políticos pero, retomando a relación da actualidade con Larra, mudará agora Losada de postura e acoitelará pola costa a Quin? Dará explicacións de verdade o simples contos para nenos? o escoitaremos falar de novo na SER? en que términos?. Amiguiños, pronto teremos resposta para todo esto pero, como ben dicía Larra, as opinións dos homes teñen moito que ver con quen lle paga e con canto lle paga ese alguén cada mes.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -