Publicado por : Adycto 17 de setembro de 2007


Hoxe é un deses luns de verdade. Quero dicir con isto que as vacacións xa pasaron para a maioría, que xa non é posible aparcar con facilidade e que os políticos andan metendo o mesmo barullo que os máis pequenos nas galescolas. É pois un luns cargado de noticias. Unha rápida lectura as principais cabeceiras permítenos saber que España perdeu a final do Eurobasket ante Rusia por un punto e que o Tribunal da UE confirmou a multa de 497 millóns de euros que lle metera a Micorsoft por abuso de posición dominante no mercado pero, unha lectura máis detallada, permitiranos saber que, cos últimos coletazos do verán, están a chegar as últimas pateras desta tempada a Canarias co cal deixará de existir o problema ata que pasen as eleccións. Con esta segunda lectura tamén poderemos informarnos de como os conservadores gregos veñen de revalidar a súa maioría absoluta nas eleccións (e iso que os lumes queimáronlle a metade do país). Nos xornais galegos séguese a falar das pistas de esquí de Santiago, perdón, da Cidade da Cultura e, nesta ocasión, a Voz explica que hoxe constitúese no Parlamento a Comisión que investigará o Gaiás. Os voceiros colan tamén, en palabras que atribúen a Ismael Rego (o gordiño e pequeniño ese que manda tanto no PSdG) que o parlamentario está convencido de que o órgano investigador «acabará poñendo ao descuberto ou entretecido de intereses de persoas persoal e politicamente ligadas a Núñez Feijoo e Mariano Rajoy». Xa sei que o que dí Rego e moi forte e que merece un comentario maior pero, como os dicía ao principio, este é un luns xa normal e, como tal, o meu corpo pídeme buscar unha nova máis fresca para afrontar a semán. Xa a teño: Morre despois de tres días seguidos xogando por internet.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -