Publicado por : Adycto 24 de setembro de 2007


O vindeiro mércores 26 de setembro sairá á venda en toda España un novo xornal "progresista, de esquerdas, popular, democrático radical, pero respetuoso", segundo afirmou Jaume Roures, presidente de Mediapro e editor do novo xornal 'Público'.Cunha tirada inicial de 250.000 exemplares, Mediapublic, a empresa editora vencellada a Mediapro (La Sexta), garantiza a supervivencia do xornal os vindeiros cinco anos. O diario terá 64 páxinas e catro edicións.Unha das novidades desta aposta informativa será a ausencia de editoriais e a súa saída a un precio de 50 céntimos (excepto os domingos, que costará un euro). A saída deste xornal pode traer cambios moi significativos na actual escena de comunicación española xa que, segundo todas as sondaxes previas, esta nova cabeceira restaralle preto de 85.000 exemplares diarios ao País e preto de 15.000 ao Mundo, co cal o xornal de Pedro J pasaría a ser a primeira cabeceira de España, tras 30 anos de dominio Polanquista. Ademais, para os non iniciados nas batallas de medios españoles, hai que explicar que esta nova cabeceira (ao igual que a súa nai Mediapro) aparece moi vencellada a actual directiva do PSOE (Blanco, ZP, etc) ao igual que Prisa estaba e está vencellada á vella garda socialista (González, Guerra, Rubalcaba, etc). Entendemos mellor agora o tema da guerra do fútbol?

2 Respostas ata o de agora.

  1. jose palmás dí:

    tu que dices, lo recomiendas? yo me quedo con la vanguardia.

  2. Adycto dí:

    non o recomendo....conto que sae e que haberá que leelo antes de poñerse en contra

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -