Publicado por : Adycto
19 de setembro de 2007
A menos de 6 meses para as eleccións estatais, o presidente Zapatero lanzouse xa de cheo a facer promesas electorais. Pronto (din que a mediados de outubro) o PP contratacará coas súas e supoño que o resto de partidos farán o mesmo a medida que nos acheguemos ao mes de marzo de 2008. Dende as primeiras eleccións democráticas en España tras a dictadura, os partidos políticos españois (emulando ao resto de partidos políticos do mundo) lanzan, antes de cada xornada electoral, unha chea de promesas que, na maioría dos casos, logo non cumpren. O camiño o abriu Suárez co seu celebérrimo Podo prometer e prometo no que garantizaba, entre outras cousas, que si os cidadáns o votaban, dunha vez por todas, pagaría máis taxas quen máis tivera. Felipe González, á postre presidente do goberno de España durante 14 anos, tamén ocupa un lugar destacado dentro da historia das promesas electorais (quizáis o máis destacado) xa que, antes das eleccións de 1982 (que logo acabaría gañando) asegurou que, durante esa nova lexislatura que se abría, "crearé 800.000 puestos de trabajo" (ja,ja,ja). Ademais González, tamén durante esas eleccións, mostrou a súa vehemente negativa á entrada de España na Otan e logo España entrou na Organización do Atlántico Norte da súa man. Por certo, sobre este tema gustaríame lembrarlle á xente cal foi pregunta feita aos españois no famoso referendum de 1986 "¿Considera conveniente para España permanecer en la Alianza Atlántica en los términos acordados por el Gobierno de la Nación?" (algo confusa non?).
Aznar, pola súa banda, tamén fixo varias promesas electorais que logo non cumpriu pero, se hai que ser sinceiros, creo que non foron casos tan esaxerados como as de González. Lémbrome, iso si, de que o "candidato Aznar" falaba moito durante a campaña do 96 de "rexenaración democrática" e de que, levado por este afán rexenerador, prometeu "nombrar como director de RTVE a una persona independiente no vinculada a partido político alguno". Todos lembramos, anos máis tarde e con Aznar xa no sillón, ao presentador do telexornal de TVE falar de CCOO ou de como se ocultaban, nos telexornais desta cadea, as manifestacións contra a guerra de Iraque.
Agora, xa con Zapatero como presidente, chegan en 6 meses as eleccións e parece que o lider do PSOE está disposto a facer promesas a "tutti plen". O presidente Rodríguez Zapatero abriu en xullo a súa carreira de promesas sociais co anuncio do cheque de 2.500 por fillo no debate sobre o estado da nación. O ministro de Sanidade do goberno ZP, Bernat Soria, anunciou a semana pasada que todos os nenos de entre 7 e 15 anos terán asistencia dental gratuíta en toda España. A pesares de que no 2004 comprometeuse a non subir nunca as pensións por encima do IPC en ano electoral, Zapatero anunciou o 3 de setembro en Rodiezmo que as pensións mínimas aumentarán o dobre da media no 2008. Por último, o presidente do Goberno anunciou, onte mesmo, que a partir do próximo 1 de xaneiro os mozos menores de 30 anos con traballo que aluguen unha vivenda recibirán o aval do Executivo durante seis meses, ademais dunha axuda directa de 210 euros mensuais durante catro anos.
Veremos en que quedan todas estas promesas e as que en breve chegarán (como a da regulación da eutanasia) pero moito nos tememos que, dentro de catro anos, este artigo repetirase e voltaremos a falar de promesas incumplidas e de novas e imaxinativas novas promesas.
Publicar un comentario