Publicado por : Adycto
25 de setembro de 2007
Hoxe o goberno español presentará no Congreso os Orazamentos para o ano 2008. Despois da semana fantástica de promesas electorais e de ver como Cataluña e Andalucía ían receber o 36% dos orzamentos do vindeiro ano, o presidente galego "Smallbull" adiantou onte a cifra que Galiza recibirá deses orzamnentos: 1940 millóns de euros. Antes de nada hai que dicir que a cifra non é mala. Incrementa a do pasado ano e ten unha boa realción co peso poboacional do noso país dentro de España pero, aínda así, non soluciona o problema da comparación co resto de comunidades autónomas. Ademais, a pesares de que a inversión media en Galiza dos governos Aznar foi de aproximadamente 650 millóns de euros ao ano e, dende que entrou o bipartito, a inversión multiplicouse de xeito claro é ben triste que, a pouco máis de 6 meses das eleccións nacionais, con exemplos como os de Cataluña e Andalucía diante e CUN PRESIDENTE DA XUNTA SOCIALISTA, esto sexa todo o que lle "podemos sacar" ao goberno de Madrid. Paréceme que outros (non o PP por suposto) nuha situación semellante teríanlle sacado moito máis. Ademais disto hai que dicir que non sentou moi ben no BNG o feito de que Touriño anunciase pola súa conta esta cifra e a Xornal Aberto non lle gustou tampouco esta comparecencia de Samllbull na que, unha e outra vez, afirmou que con estes cartos o AVE será unha realidade no ano 2012. Por favor señor Touriño, deixe de tratar de liar á xente co do AVE. Seguro que cando o AVE chegue a Galiza (que non será no 2012) os trenes andan no resto de España con auga.
Publicar un comentario