Publicado por : Adycto 26 de setembro de 2007


Hoxe chegou aos quioscos de todas as Españas un novo xornal, Público, do que os falaba recentemente neste blog. O primeiro que me chamou a atención deste xornal, supoño que como a todos, é que a contraportada funciona como "primeira" da sección de Deportes, que está situada nas últimas páxinas do xornal. Deste xeito, Público soluciona o tema da contraportada e, ao mesmo tempo, dalle imporancia á sección de deportes e apadrina un xeito moi extendido de lectura do xornal (empezando pola contra). As outras grandes novidades do xornal, segundo o que escribe este blog, son as 6 columnas que conforman cada páxina do xornal (fronte as cinco que utilizan a maior parte dos xornais) e a presencia da til na súa cabeceira, algo que algúns levamos anos demandando que sucede no diario cabeceira do grupo Prisa que leva, dende o principio dos tempos, cometendo unha falta de ortografía na súa cabeceira (é paÍs e non paIs) de xeito diario. Por certo, o spot publicitario de Público non foi emitido en algunhas cadeas de televisión por "insultar al presidente de EEUU".


Non sei se será só no primeiro número pero paréceme interesante o seu deseño de portada no que unha noticia centra toda a atención do lector. Non sei se o farán así todos os días (dubido baastante) pero, dende logo, é unha aposta decidida. Canto ás seccións e, salvando o tema dos deportes xa mencionado, parécese bastante aos xornais normais coa excepción de que abre coa nova de portada (como a Voz co "A Fondo") e de que a sección adicada a "Ciencias" parece, alo menos neste primeiro exemplar, moi completa xa que vai acompañada de páxinas de Medio Ambiente, Saúde ou Investigación. O mesmo sucede con "Cultura" que leva diferenciado música, cine, moda, etc. O resto, o normal: Mundo, Política, Actualidade, Cartos, etc.


Neste primeiro número que teño diante non me acaba de gustar a maquetación dalgunha das seccións que me pareceu complicada de leer e "poco limpia" e encantáronme as infografías que, como o deseño da web (que por certo estivo fóra de servizo bastante tempo) parécenme moi acertadaos. Xa para rematar dicir que gosto moito do logotipo que acompaña á cabeceira do xornal (unha acuarela de Miquel Barceló) e que espero que, nos próximos días e meses, vaia aparecendo unha liña de opinión clara que permita situar ao xornal nunha determinada parcela ideolóxica. Será cousa do tempo aínda que parece que esta cuestión está solucionada de saída: son independentes e veraces (JAJAJA).

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Por certo, o exemplar de hoxe é único xa que, ademais de ser o primeiro ven coas páxinas de televisión equivocadas...as que trae hoxe son as de onte.....será o primeiro día ...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -