Publicado por : Adycto 2 de agosto de 2007


A pesares de que a semana grande das festas xa rematou en Santiago de Compostela todavía quedan cousas por ver como o Festiclown, que durante estes días percorre a cidade, ou a actuación de Alejandro Sanz (e Shakira). Coido que por este motivo é bo momento para falar dunha das principais atraccións turísticas de cada ano por estas datas: os fogos artificiais do Apóstolo. Moitos poderedes chamarme demagogo pero eu, a verdade, non podo entender como unha cidade como Santiago de Compostela pode gastar 229.00 euros en dous espectáculos pirotécnicos (inicio e remate) que conxuntamente non superan os 25 minutos. Sei que os fogos artificiais son unha tradición nas Festas do Apóstolo que se remonta ao ano 1852 pero, aínda así, non entendo como un concello como o noso pode gastar 9.160 euros por minuto en lanzar uns fogos artificiais. Ademais do gasto e, por moito que me digan, creo que o lanzamento dos fogos perxudica á conservación do que é o recinto turístico máis importante co que conta a vila (a catedral) e iso é algo que o concello debería ter moi en conta, xa que o dos fogos pode ser pan para hoxe e fame para mañá. Seguramente será porque os fogos artificiais non me gustan pero creo que eses 229.000 euros (preto de 40 millóns pesetas) poderían usarse en cousas moito máis útiles para a cidade como axudar aos mozos nos alugueres ou para políticas de inserción laboral. Xa sei que o concello gasta inutilmente moitos cartos en cousas como o envío de información municipal aos veciños (publicidade encuberta), ou cousas polo estilo pero unha cousa non quita á outra. Eu tamén estou en contra doutros gastos superfluos do concello pero o dos fogos paréceme espectacular.....vos diredes!

3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    non estou de acordo no tema económico, xa que unha noite coma a do apostolo, cando se desprazan xentes de todo o mundo para ver o espectaculo, os ingresos na cidade disparanse, pubs, restaurantes, xeladerías, etc ...incluidos os ingresos en aparcadoiros, o guindastre polos coches mal aparcados.
    Penso que as cousas realmente desafortunadas e disparatadas son a cidade da cultura, ...
    apertas

  2. Adycto dí:

    estou certo de que os ingresos son moitos pero tes que gastar tantos cartos en lumes? non podes facer o mesmo con menos cartos? non podes pensar noutro espectáculo (por exemplo de luces) que non dane a catedral e que non sexa tan caro? Seguro que a única alternativa e gastar cartos a man cheas nalgo que perxudica a un patrimonio da humanidade como é a catedral?

  3. Anónimo dí:

    un par de cousas ...
    no tocante a facer algo con menos cartos seguro que sí, pero habería que estudiar o seu impacto e arriscarse a cambiar algo tradicional que, sen dúbida, funciona a nivel mediático (non me meto no creativo ou noutros enfoques).
    en canto ós danos á catedral, teño certas dúbidas, xa que me gustaría saber cómo se avaliou e en comparación a qué é dañino (e decir, é máis dañino que un concerto de rock, ou que a chuvia, ou que a constante afluencia de visitantes) xa que levando as cousas o extremo, poderiamos pechar a zona vella a certo número de visitantes, ou prohibir eventos que teñan máis de x decibelios, ou poñer unha megacarpa que cubra a catedral.
    unha aperta ...

    Por certo, tampouco me gustan os fogos.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -