Publicado por : Adycto 11 de xullo de 2007

Esta tarde estaba ocioso, así que dediqueina a remexer entre as hemerotecas e edicións dixitais de diversos xornais (galegos e españois) tratando de atopar titulares "diferentes" e noticias "con sustancia". Hai para todos os gustos. A primeira que vou sinalar é unha que sae publicada hoxe mesmo na edición dixital do Correo Galego e que dí:"Deberá pagar el ascensor de su bloque aunque no entre con la silla de ruedas". A verdade é que as comunidades dos edificios soen traer moitos problemas pero ter que pagar por un ascensor que non podes usar paréceme excesivo. Deixando de lado os problemas de veciños e, centrándonos nos de parella, o xornal ourensán La Región publicaba, o pasado 1 de xuño, unha nova titulada "Imputada por desgarrar de un mordisco el pene de su pareja tras discusión". A nova é impactante e seguro que trouxo consigo moitas situacións comprometidas á hora de dar explicacións ante o xuíz pero, para marrón, o que se tiveron que comer os protagonistas do noso seguinte titular, esta vez da Voz de Galicia do pasado 11 de xuño, que di o seguinte: "Dos militares queman por accidente una bandera nacional". Estes si que se tiveron que dar explicacións embarazosas...

Pero non só na prensa galega publícanse este tipo de noticias. Os xornais de fora da Galiza tampouco poden resistir o encanto de publicar este tipo de titulares. Mención destacada teñen aquelas informacións recubertas dun "barniz científico" que dan titulares tan sesudos como o publicado polo xornal máis bórico (El Mundo) o pasado 8 de xuño: "Demuestran que miles de personas saltando a la vez no provocarían un terremoto". Nesta mesma liña científica, o xornal valenciano Las Provincias publicaba, o pasado 16 de xuño, a nova de que "El Pentágono estudió una bomba para convertir en homosexuales a los enemigos". Claro que sí, con estas informacións un pode descansar moito máis tranquilo polas noites.


A mín, de todos os xeitos, os que máis me gustan son "absurdos". Estes que cando os les xa sabes que van a ser tema de tertulia no bar. Estes que, cando saen publicados, xa van coa clara intención de facer reir ao lector. Destes atopei unha triada moi interesante. Así, o xornal cántabro El Diario Montañés sorprendía aos seus lectores, o pasado 24 de maio, cun impactante: "Polonia-Pelea. Le arranca una oreja y se la come" aínda que, para o meu gusto, é moito máis absurdo (casi inmellorable) o sorprendente "Despedidos dos perros policía por acoso sexual" publicado pola Voz o pasado 11 de xuño. É que, una vez lido este, a quen lle importa que, según o xornal Diario de Noticias de Navarra, alguén "Robe 1500 pares de zapatos de mujer para olerlos".

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    jujuajuajuajuajuajuajuajuajuajua

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -