Publicado por : Adycto
13 de xullo de 2007
Onte estivo Zapatero, coa metade do seu recentemente remodelado gabinete, na cidade de Vigo para presidir a Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía. Durante a intervención posterior ao desenvolvemento da reunión e, tras unha alocución de Touriño na que pedíulle ao presidente Zapatero concreción de presupuesto e prazos para a chegada do tren de alta velocidade a Galiza, ZP eludíu dar respostas concretas sobre o a chegada do AVE e afirmou, unicamente, que "o AVE chegará a tempo a Galiza". O que sí concretou Zapatero tras a reunión da Comisión é a construcción, antes de que remate a presente lexislatura, é dicir, en marzo do 2008, do primeiro satélite de observación da Terra con tecnoloxía integramente española. Chamarase Ingenio e o seu lanzamento está previsto para o 2010. O seu coste será dus 200 millóns de euros e creará, segundo o presidente Rodríguez Zapatero, 600 traballos de alta cualificación. Zapatero tamén comprometeuse a que, antes de finais de 2007, todos os concellos españois terán cobertura de banda ancha. Polo que parece, os galegos teremos antes banda ancha nos nosos concellos (que haberá que velo) e poderemos observar a terra dende un satélite antes que poder viaxar de Pontevedra a Coruña con horarios do século XXI. É incrible que, no ano 2007, un galego tarde dúas horas en viaxar de Pontevedra á Coruña no tren, cando a distancia que separa ambas cidades é de 130 quilómetros. O triste é que, no ano 2012, moito me temo que estaremos como agora, iso sí, con internet de banda ancha en todos os concellos, cun satélite no espacio e co AVE en todas as comunidades menos na nosa. Algúns chámanlle a isto pesimismo galego, outros chamámoslle realismo histórico. Por certo, a foto que ilustra este comentario é de X.Crespo e aparece publicada hoxe no Correo Gallego.
non o imos a ver nunca....haberá antes aeroporto en milladoiro que AVE en Galiza