Publicado por : Adycto 26 de xullo de 2007

Parece ser que, ultimamente, os videos están a ser protagonistas da actualidade en Xornal Aberto. Un querido lector deste blog enviome ao correo, esta mesma mañá, un video que, realmente, merece unha observación minuciosa. Trátase dunha reportaxe a pé de rúa co que se pretende comprobar se os iankis son tan parvos como creeemos os europeos ou non. Tras velo podemos afirmar rotundamente que os iankis son todavía máis parvos do que creeemos. Preguntas como se Star Wars está baseada nunha historia real ou por qué son famosas as cidades de Hiroshima e Nagashaki reciben respostas que deixarían xeada a calquera persoa con un MÍNIMO de cultura xeral. Realmente paga a pena gastar 9 minutos do noso valioso tempo en ver este video. Grazas amigo pola túa aportación a Xornal Aberto.
SON PARVOS OS IANKIS?

7 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    por suposto que son parvos.....e despois de velo video máis claro o teño

  2. Anónimo dí:

    eu creo que son polo menos tan parvos como os que viven na península ibérica.
    o outro día chamei a o 11811 preguntando por un profesional de Pontevedra, preguntoume "localidade?" e repetín " Pontevedra". Tras uns segundos de silencio escoito, "Eso que queda en Coruña o Vigo?"
    O mesmo día, no programa este de Ramonchu onde se establece un duelo entre "adultos" e nenos de primaria, ante a pregunta de qué paises había na península ibérica, unha licenciada en periodismo contestou "España, Portugal e as Illas Canarias", Ramonchu puxose de xeonllos e acabou tirado no chan morto da risa e os calculíns de primaria escacharon a rir e se mofaban da rubia de bote licenciada.
    e logo nos queixamos de que os ianquis son parvos, e sitúan a España en México, alguén situaría máis de dous estados de EE.UU. no seu lugar? alguén situaría no mapa Cuenca, Caceres ou Huesca?
    parvos somos todos

  3. No vídeo aparece xente escollida. Na montase descartase calquera que de unha resposta acertada. O mesmo, poderíase facer en calquera cidade do noso pais. (Con todo, isto non lle quita a gracia e as boas gargalladas que botei ao ollalo).

  4. Adycto dí:

    evidentemente, calquera enquisa televisiva ten un claro compoñente de arbitrariedade pero, en serio pensades que na Galiza, por poñer un exemplo, alguén non sabería dicir que pasou en hiroshima ou naghasaki ou nomear algun país que empece pola letra E?

  5. Si, estou absolutamente convencido de iso. A mesma montaxe poderíase facer en calquera cidade do noso pais. Lembro que xa fai anos, Gomaespuma tiña un anaco de tempo non lembro en que programa de TV, e facía preguntas absolutamente absurdas e demenciais, e sempre atopaban xente que seguíalles o conto. Gustaríame podelo demostrar, mais...

  6. Anónimo dí:

    Está claro que só puxeron as respostas máis absurdas e que non tódolos americanos son así. Pero do que non teño dúbida ningunha é que ninguén en toda España diría que Cuenca é un pais.
    O que é curioso é ver coma á xente está có seu presidente ainda sabendo que está errado, só por patriotismo. Isto nunca o veremos en Galicia.

  7. Anónimo dí:

    A propósito do de Cuenca, o outro día no concurso ese de ramonchu a concursante que non soubo dicir cales eran os países da península ibérica acabou dicindo que o terceiro era AS ILLAS CANARIAS! manda carallo, e non a colleron pola rúa, foi concursar. Desde logo o video é para mondarse, pero estou dacordo en que poderíamos facer o mesmo aquí e quedariamos abraiados coas respostas. Non sexamos ombliguistas, que non temos que ir moi lonxe para caer nun mar de ignorancia. E dando outra visión disto, esa xente do vídeo é a primeira potencia do mundo, e domina ó resto, incluidos nos. Parafraseando aquela escea de trainspotting, parece mentira que non sexamos quen de ser colonizados por algún outro. Porque como dixo Albert Einstein (por certo, o botamos de europa e acabou nos estados unidos, e non creo que por parvo)"Todos somos uns ignorantes, pero non todos ignoramos as mesmas cousas".

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -