Publicado por : Adycto 24 de xullo de 2007


A xente de "El Jueves" está tomándose cun humor certamente admirable o brutal recorte da liberdade de expresión levado a cabo polo xuíz Del Olmo co secuestro do último número desta revista de humor. Como non podía ser doutro xeito, os rapaces de "El Jueves" fixeron, a través da súa páxina web, un divertido exercicio de rectificación publicando a portada que "querían publicar" en lugar da que publicaron. Nada máis que darlle, unha vez máis, os parabéns aos responsables desta revista que, inclusive nos peores momentos, son capaces de tomalo todo con moito humor. Non hai que perderse o número que sacarán esta semana.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -