Publicado por : Adycto 17 de xullo de 2007

Tal e como informa hoxe o xornal santiagués El Correo Gallego, as obras da cementeira de Coirós reanudaránse en breve tras obter a autorización ambiental integrada (AAI) da Consellería de Medio Ambiente e a declaración de impacto ambiental (DIA). Ademais e, como non podía ser doutro xeito, a empresa Molienda Gallega de Clinker recibeu tamén, en pasados días, a correspondente licenza municipal para continuar as obras da planta, paralizadas polo Xulgado de Betanzos dende o pasado mes de abril. As modificacións introducidas, tanto de carácter ambiental como enerxético e visual, supoñen unha grande mellora do proxecto orixinal o que posibilitou o outorgamento da autorización ambiental integrada. A empresa de construcción ten a intención de acelerar ao máximo as obras para tratar de conseguir que estén acabadas o vindeiro mes de setembro. Esta noite completaremos esta información coas declaracións da responsable local do BNG, Pura Ferreño, e tamén coas opinións dalgún dos responsables da Asociación de Afectados pola Cementeira de Coirós.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -