Publicado por : Adycto 18 de xullo de 2007


Tal e como anunciaba onte Xornal Aberto, as obras da cementeira de Coirós reanudaránse en breve tras obter a autorización ambiental integrada (AAI) da Consellería de Medio Ambiente e a declaración de impacto ambiental (DIA). Despois das protestas e movilizacións levadas a cabo polos veciños da zona, integrados na Asociación de Afectados pola Cementeira de Coirós e apoiados en todo momento polo BNG do concello, parece ser que, a pesares da súa loita, a obra seguirá adiante. Dende Xornal Aberto falamos hoxe con Pura Ferreño, a responsable do BNG no concello de Coirós, pedíndolle unha valoración sobre esta nova situación. Ferreño respondeunos que "a pesares de non estar contentos porque o obxectivo final das movilizacións veciñais era que a cementeira non se instalara onde vai a estar, hai que facer unha valoración positiva da nova situación xa que, segundo o novo proxecto presentado pola empresa, vaise facer un investimento de 3 millóns de euros para correxir os diferentes defectos que tiña o proxecto orixinal". Sobre este punto, Pura indicou que hai que facer fincapé en que "sen as movilizacións veciñais levadas a cabo, a cementeira instalaríase en Coirós segundo o proxecto incialmente proposto e que, para o alcalde desta localidade, estaba perfecto e correcto tal e como se presentara incialmente, a pesares das modificacións levadas a cabo agora". Para Ferreño é evidente que o principal mal da instalación da cementeira en Coirós (a escasa distancia das instalacións con nucleos habitados) non está resolto pero, polo menos, conseguiuse que, co novo proxecto, se reduza o impacto medioambiental da cementeira.



Canto os seguintes pasos a dar, a concelleira do BNG en Coirós afirmou que haberá unha reunión cos representantes da Asociación de Afectados pola Cementeira de Coriós para decidir cales serán as novas medidas a tomar pero que, en todo caso, a nova situación non é "un cheque en branco" para a empresa. Segundo Ferreño, o máis importante de todo este proceso foi que "as movilizacións veciñais deron froito" e permitiron que a empresa responsable da instalación en Coirós da cementeira tivese que realizar un investimento de 3 millóns de euros para mellorar o proxecto incialmente presentado e aprobado, no seu momento, polo alcalde deste concello coruñés.


Canto á súa opinión sobre a actuación da Consellería de Medio Ambiente no caso da cementeira, Ferreño expresoulle a Xornal Aberto o seu "resquemor" coa Consellería xa que, cando recibiron as alegacións contra o proxecto inicial da obra non fixeron nada porque, hai que lembrar, que a obra detívose pola intervención do Xulgado de Betanzos e non da Consellería. En resumo, a posición do BNG de Coirós enmárcase dentro da satisfacción polas melloras acadadas sobre o proxecto incial pero partindo de que o obxectivo final de todas as protestas (instalar a cementeira noutro lugar) non se acadou. Iso sí, como ben lembra Pura "sen as movilizacións veciñais non se houbera conseguido nada".

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -