Publicado por : Adycto 17 de xullo de 2007

Oficialmente o verán entrou hai un par semanas pero, aquí en Santiago, aínda non nos demos de conta. Onte choveu na capital de Galiza, o sábado tamén e, polo que parece, eu non descartaría que hoxe volvera a chover. Din os meteorólogos que, en poucas xornadas, chegará o anticiclón pero, a verdade, estoume cansando de esperar. É como aquelo de que ven o lobo, que ven o lobo! e logo, cando veu de verdade, xa ninguén lle fixo caso ao aviso. As prediccións de Meteogalicia, única institución xunto a Pemán da que me fío para falar sobre o tempo na Galiza, dín que nos vindeiros días acabará chegando o desexado anticiclón e os composteláns poderemos entón abandonar unha cidade cargada de guiris que preguntan constantemente pola catedral e achegarnos ata a praia a pasar un día de area e auga. Aínda así, polo momento, seguiremos con alternancia de nubes e claros e algún chuvasco ocasional (o típico do verán). O que realmente me asusta é que onte pola noite (17 de xullo) en Lalín rexistráronse 7 graos de temperatura mínima e que ademais, dende que eu era neno, sempre escoitei aquelo de que "despois da Peregrina o inverno encima" e, para a vosa información, para iso faltan 20 días. Ou sexa que, como tarde moito en chegar, o anticiclón xa nos vai a coller en inverno.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -