Publicado por : Adycto 4 de xullo de 2007

Hoxe ocuparon as portadas dos telexornais distintas noticias. O ministro Rub-Al-Qaba, por exemplo, confirmou que ETA quería cometer onte ou hoxe un atentado importante, a UE multou con 152 millóns de euros a Telefónica por abusar da súa posición dominante no mercado do ADSL en España (que panda de ladróns os da Telefónica) e, no mundo do deporte, Fernando Torres asinou polo "Spanishpool" de Rafa Benítez e o tenista que perdeu contra Nadal en Wimblendon, un tal Soderling, estivo moito máis moderado do que debía na rolda de prensa posterior ao partido (como odio eu ao manacorí e ao seu movemento de brazo ao grito de Vamos, Vamos!). Tamén tiveron sitio nos informativos a delirante petición de Dajoy para que ZP entregue as actas das súas reunións cos "Batasunis" ou dimita e os distintos comentarios sobre quen gañou o "Debate do estado do Estado". Sen embargo, para Xornal Aberto, a noticia do día é outra. A noticia do día é que Batasuna denuncia o atentado "indiscriminado" de Al-Qaida en Yemen. A formación abertzale solidarizouse e mostrou as súas condolencias aos familiares dos feridos e falecidos no atentado suicida de Yemen e denunciou o atentado "indiscriminado" que levou a cabo Al-Qaida contra os cidadáns. Sonche uns cachondos estes Batasunis! A pesares do proceso de paz non foron capaces de condenar aos atentados dos seus e agora solidarízanse cos familiares dos de Yemén...Pero mira que son cachondos!


One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    que bo o video de vaia semanita. mellor tomar as cousas así, que co euribor e a gasolina xa temos traxedias dabondo nas nosas vidas

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -