Publicado por : Adycto 9 de xullo de 2007


A pesares de que hoxe xuran ou prometen os seus cargos os novos ministros do goberno de ZP e de que, cos novos nomeamentos, ata tres ministros do actual gabinete son galegos, Xornal Aberto optou para abrir a semana informativa cunha noticia moi distinta:as lendas urbanas. Aínda así, dada a importancia da cuota galega no goberno do Estado (18,75% de ministros fronte a 6,19% de poboación), temos que falar un pouco deste tema. Se, como dí hoxe Fernando Hidalgo no seu artigo para a Voz, ademais de ministros Galiza aporta a políticos como Madiano Dajoy ou Pepiño Blanco, xerifantes da igrexa como Rouco Varela ou empresarios como Amancio Ortega, por que Galiza está no vagón de cola da distribución da renta en España?Por que as autovías e autoestradas chegaron tan tarde a Galiza e por que os galegos pagamos máis por usalas que na maioría das comunidades? Será que cando chegan a Madrid convértense en madrileños e olvidan a súa raigame ou será que todos os citados son tan só galegos de postal?


Deixando de lado o tema, imos falar das lendas urbanas. Leo hoxe na páxina web da Ser un artigo titulado "O móvil produce cancer....e outros mitos tecnolóxico" no que se fala de distintas lendas urbanas que corren por todo o mundo sen que ninguén lles poña freo. É un artigo moi interesante no que desmóntase moitas das actuais lendas urbanas como a de que os móviles poden facer detonar cousas (gasolineiras) se son usados en determinadas circunstancias, que os productos de Sony teñen un temporizador que aos 15 anos os fai deixar de funcionar, que as tarxetas de memoria dánanse cos raios X, ou que o celular produce cáncer. Estas son as lenda urbanas tecnolóxicas máis coñecidas pero, que hai das lendas urbanas non tecnolóxicas como aquela de que nun "Sorpresa, Sorpresa" puido verse a un can lambendo a unha rapaza mentras entraba Ricky Martin na súa habitación (e que eu teño un amigo que xurou velo en directo na televisión) ou aquela outra dun submarinista que apareceu no medio dun incendio porque un hidroavión o colleu cando estaba a bucear? As lendas urbanas sempre existirán (igual que os chistes malos) o único que acontece é que, co Internet, corren moito máis rápido e chegan a moitos máis lados.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -