Publicado por : Adycto 3 de xullo de 2007



Cada luns, unha das noticias máis recurrentes en todos os medios de comunicación é a do número de mortos nas estradas durante a pasada fin de semana. Nin o carné por puntos nin as impactantes campañas publicitarias postas en marcha pola DXT parecen acabar co problema. Son moitos os factores que inciden en que, cada fin de semana, moitos dos nosos mozos perdan a vida nas estradas tras unha longa noite de marcha e parece que as solucións ao problema son moi complexas. Sen embargo, pouco se fala das mortes producidas por culpa dos atropelos. No primeiro semestre do ano, unha treintena de persoas morreu por causa dun atropelo en Galiza. Esta cifra duplica o número de falecidos nestas circunstancias en 2006 -con 16 atropelos- e supón a carta parte das vítimas de 2007. A meirande parte dos falecidos son de avanzada idade. Independentemente das causas deste tipo de accidentes (imprudencia, exceso de velocidade, mala sinalización da vías, etc) coido que debería abrirse un debate social sobre o tema e tratar de dirixir as campañas de publicidade cara este importante tipo de sinistro de tráfico que, cada día, fai que dous peatóns morran en España. Ademais, os datos en Galiza non deixan lugar a dúbidas: cada 6 días morre na nosa terra unha persoa por causa dun atropelo. Para cando unha campaña de sensibilización ao respecto? Para cando o debate deste tema nos medios de comunicación? por que se tratan de atallar por todos os medios os accidentes dos mozos na fin de semana e nada se dí dos atropelos?

One Response so far.

  1. Crischoven dí:

    ...somentes hai que ver os anuncios da tv: a meirande parte son de coches (comprobádeo!!!, sobre todo pola noite); cada día aumentan a potencia dos mesmos, a facilidade de obter un seguro adicional á compra do veículo, agora xa hai un cun 0% de interés en financiamento a dous anos...Na economía de mercado en que nos movemos puxa a industria automovilística, por ende os coches vendidos, o que implica máis conductores nas estradas (co incremento proporcional de energúmenos ó volante) e como resultado da ecuación, máis sinistros. Inevitable, querido adycto...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -