Publicado por : Adycto 19 de xullo de 2007

A direfenza doutros días nos que meto videos como recurso cando non teño moitas ganas de escribir, hoxe meto videos porque son realmente impresionantes. Hai xente que pasa a vida no youtube e descubre videos que logo, co paso do tempo, convértense en clásicos da rede. Os videos que hoxe vou colgar seguro xa son coñecidos por moitos de vos pero eu, a verdade, non sabía deles ata onte. Resulta que nunha televisión "china" (ou xaponesa, coreana,...) hai un concurso de xente que ten que facer montaxes teatrais no que se recreen diversas escenas da vida pero cos efectos de matrix. É dicir, movéndose en cámara lenta, dando saltos imposibles, etc,etc..Xa sei que, aparentemente, non parece moi especial pero pídovos que vexades o primeiro e logo comentedes. Ao mellor xa chego tarde e resulta que todo o mundo os coñece pero, para os que non, non deixedes de velos.


MATRIX PING PONG

DISCUSIÓN ESTILO MATRIX

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -