Publicado por : Adycto 10 de xullo de 2007

A portada de Xornal Aberto de hoxe non podía estar adicada a outra cousa. Na cidade de Bos Aires, chamada por moitos a quinta provincia galega polo número de paisanos nosos que viven nela, produciuse un feito que hai moito anos que non ocurría: nevou. Os galegos tampouco e que estemos moi acostumados á neve, sobre todo se vivimos nas provincias de Pontevedra ou coruña, pero o que é os bonairenses aínda menos. Este é o video do xornalista Julio Gallo que fixo que todos podamos disfrutar, durante uns segundos, do que vivIron na capital arxentina este luns: ver nevar 80 anos despois. Se queredes máis información sobre este fenómeno só tedes que premer neste enlace que os levará ata a información que Vieiros publicou ao respecto.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -