Publicado por : Adycto 23 de xullo de 2007


Son lector intermitente de "El Jueves" dende que tengo 15 anos. Durante todo este tempo disfrutei moito coas viñetas de "Clara de Noche", "Makinavaja", "Martínez el Facha", "Grouñidos", etc e agora vexo con estupor que, en pleno ano 2007, un xuíz ordena o secuestro da revista por unha portada adicada aos príncipes de asturias. O auto dictado o venres, a petición da Fiscalía Xeral do Estado, ordea ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado a que procedan a retirar os exemplares da revista dos puntos de venta, así como a que se desplacen a Madrid e Barcelona para facerse co molde do debuxo. O titular do Xulgado Central de Instrucción número 6 require ao director da revista que identifique aos autores da caricatura, que poderían incurrir nos delitos contra a Coroa previstos nos artigos 490.3 e 491 do Código Penal, que prevén penas de ata 2 anos de prisión a quen cometera calumnias ou inxurias contra o rei ou os seus descendentes. Máis aló dos motivos xudiciais deste secuestro eu quero entrar no feito de que, en xullo de 2007, un xuíz poida dictar en España un auto para "secuestrar" unha publicación. Son dos que pensa que a liberdade de expresión non debe de ter máis límites que os que lle imponga a convivencia con outros dereitos fundamentais como o dereito á honra, á dignidade das persoas ou á intimidade pero, de ahí a secuestrar unha publicación, vai un mundo. Pode ser que un determinado debuxo ou un determinado artigo vulneren o dereito á intimidade dunha persoa ou o seu dereito á honra e que os xuíces tomen medidas para evitar esa merma de dereitos pero secuestrar unha revista como "El Jueves" por unha portada como outra calquera paréceme un escándalo.
Ollo!, eu estou a favor da liberdade de expresión de todos os casos, non só en aqueles que os perseguidos pensen coma min e, polo tanto, tamén posicioneime en contra (e volvo a repetilo agora) das medidad tomadas no seu dia contra publicacións como EGIN. A liberdade de expresión debe estar por riba das ideas. Esperemos que a publicación da portada no blog non supoña o peche do mesmo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -