Publicado por : Adycto 16 de xullo de 2007


Ao mellor é porque eu sonche moi raro pero, ultimamente, os anuncious de televisión deíxanme cada vez máis soprendido. Falo concretamente de dous anuncious: un da DXT e outro da Caixa Mediterráneo. No da DXT, un home aparece ao lado dun quitamedos destrozado e, despois de miralo, dí: esto foi un bico e nos lembra que as distraccións ao volante (bicos, regañar aos nenos, fumar, etc) causan moitos accidentes ao ano. Sexamos claros, non vou a ser eu quen lle enmende a plana á DXT que saben mais ca mín de accidentes pero creo que deberían centrarse noutros aspectos (atropelos, alcohol entre xentes de 40-60 anos, exceso de velocidade, etc) que nun bico entre unha parella ao volante. Ollo, no digo que no produza accidentes por estes comportamentos pero pareceríame absurdo chegar a un anunciou do tipo "Se bicas non conduzas".


O outro anuncio que me sorprendeu foi o da nova hipoteca de Caixa Mediterráneo que, tal e como está a actual situación da vivenda en España, ofrece, aos máis novos (18-35 tacos) a posibilidade de hipotecarse por 50 ANOS e, deste xeito, "preocuparse de todo menos da túa hipoteca". Supoño que isto será porque os que se van a ter que preocupar da túa hipoteca serán os teus fillos ou netos. En serio que, cada vez que prendo a tv e vexo anuncious, quedo máis preocupado. Cara onde imos?

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Cincuenta anos pagando unha hipoteca! estamos tolos ou qué pasa? é incríble. Non sei se eu son de marte ou qué, pero considero que non é un bo negocio traballar para o banco o resto da túa vida só por mercar un adosado en Bertamiráns con derramas e manchas de humidade xa agora, que non te conto o que pode pasar cunha casa en cincuenta anos, sobre todo con estas construccións tán rápidas e masificadas que proliferan agora por todas partes. Creo que o mito de "a casa da túa vida" está sobredimensionado. A frase mesma o indica. Prefiro mercar un terreniño e, co tempo, ir facendo a que algún día será a casa da miña vida, pero agora queremos todo xa, en directo, sen agardar; somos a xeración de aberto as 24 horas, de non agardar, preferimos pagar 50 anos a ter que agardar dez para facer o que realmente queremos. Parvadas coma estas habémolas de pagar ben. España construiu o ano pasado máis vivendas que francia, gran bretaña e alemania xuntas. Non é unha tolemia? Pois xa poden ir agardando por mín...

    IURIS76.

  2. Anónimo dí:

    "os records están para superarse", como dicía Woody Allen respecto o xenocidio nazi... e xa hai países que as teñen a 70 anos, as hipotecas, claro.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -