Publicado por : Adycto 15 de xullo de 2007


Sabina e Serrat estiveron onte en Santiago de Compostela para presentar o seu novo espectáculo "Dous paxaros dun tiro". Parece que a cousa saíulles como "un tiro pola culata" xa que, cando tan só levaban unha hora de actuación, un espectacular chaparrón fixo que tiveran que suspender o concerto, que tiña unha duración prevista de dúas horas e media. Os preto de 13.000 espectadores que ateigaban a Praza do Obradoiro, e entre os que se encontraban "Smallbull" (Touriño) e "O rato" (Bugallo), tiveron que irse tras o anunciou de suspensión do concerto pola choiva e vexo difícil que poidan recuperar os 30 eurazos que pagaron por ver o "espectáculo". Por certo, creo que a Praza do Obradoiro estaba con máis xente da que realmente pode entrar, o escenario non estaba cuberto e a organización do evento deixaba, francamente, moito que desexar. Aproveito tamén o deste concerto para preguntarme outra cousa máis, por qué Sabina e Serrat poden tocar na Praza do Obradoiro nun concerto de pago e outros artistas que meten á mesma xente nos seus concertos teñen que ir ao Multiusos ou ao Monte do Gozo?. Para completar este post podedes descargar eiquí un artigo sobre Sabina realmente interesante e tamén acceder ao myspace dun grupo chamado os Villanos de Boraville que teñen unha canción no seu repertorio de directo chamada "Odio a Joaquín" realmente boa. Non a teñen no seu myspace colgada pero creo que, aínda así, deberiades visitalos porque son realmente bos.

3 Respostas ata o de agora.

  1. Crischoven dí:

    Un apuntamento sobre o artigo de Sabina: sen meterme no fondo do mesmo hai un dato que o propio Krahe non ve do mesmo xeito que o autor; no que se refire o concerto no que foi suprimida a canción de "cuervo ingenuo, no DVD "Esta no es la vida privada de Javier Krahe", o propio Krahe di que cando el comezou a cantar con Sabina a canción, as cámaras de TVE cortaron a gravación. No fai referencia ningunha á premeditación nin ao coñecemento de Sabina sobre o que ía pasar.

    Unha cousa é que non che guste un determinado artista, outra é misturar a subxetividade do gusto persoal coa debida obxetividade periodística...

  2. Adycto dí:

    estou de acordo contigo, crischoven, de todos os xeitos o artigo non é meu pero creo que pode servir para dar unha visión distinta de Sabina. Eu, de feito, son seguidor da música de Sabina "dende sempre" máis non comparto moitas das súas actuacións a nivel persoal ou "político". A verdade é que, por outra banda, os seus últimos traballos discográficos son bastante frouxos pero, se queres engadir calquera outro artigo sobre Sabina estarei encantado de engadilo como link a este post.

  3. Anónimo dí:

    sabina é un puto colgao que vai de sobrao e pensa que xa o viviu todo e que só el sabe de que vai a vida....por certo, moi bos os villanos de boraville

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -