Publicado por : Adycto 6 de xuño de 2007


Hoxe en Xornal Aberto poderiamos seguir falando da fin da tregua de ETA, poderiamos falar tamén das declaracións do ministro do Interior, señor Rub-Al-Caba, nas que confirmou que De Juana non será trasladado en ningún caso ao seu domicilio unha vez que reciba a alta médica ou do anticipo dado pola televisión cubana da entrevista con Castro que hoxe emitirá este canle de televisión na illa. Sen embargo, pendentes coma sempre dos nosos lectores (moitos dos cales andan metidos en cousas da farándula), Xornal Aberto indícache o que tes que facer para participar como figurante na película que Woody Allen rodará este verán en terras catalanas e que, polo momento, atende ao título de "Midnight in Barcelona". É sinxelo, tes que entrar na páxina web de da Axencia de Actores e Castings Rol e cubrir o formulario elaborado para este fin. Moita sorte a todos!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -