Publicado por : Adycto 7 de xuño de 2007


Como sabedes, son dos que pensa que a liberdade de expresión é unha das maiores liberdades (individuais e colectivas) acadadas nos nosos días. Sen embargo, hai un montón de sitios no mundo onde esa liberdade de expresión está restrinxida e onde ter unha páxina web ou un blog pode ser motivo de cadea se os teus contidos e opinións non "comulgan" co poder establecido. Segundo nos conta hoxe o País, Irrepressible.info é un xeito de dar voz aos que sofren a censura no seu país; un xeito de convertir o teu ordeador e o teu blog nun servidor onde aloxar contidos censurados polos rexímenes autoritarios. Amnistía Internacional celebrou onte o primeiro aniversario deste proxecto, que pretende chamar a atención sobre a censura en Internet que impera en boa parte do mundo. Dende hoxe, Xornal Aberto súmase ao proxecto e invita a todos os blogueiros a formar parte del. É moi sinxelo, so tedes que engadir no html do voso blog un pequeno fragmento e, dende ese momento, o voso blog servirá de altofalante para todos aqueles que non poden publicar libremente no seu país.


Como nos conta hoxe o Pravda, o modelo chino dunha Internet que permita o crecimento económico pero non a liberdade de expresión ou a privacidade é cada vez máis popular; dun puñado de países hai apenas cinco anos, pasamos agora a ducias de gobernos que bloquean 'sites' e deteñen a bloggers. Polo menos 25 países manteñen, na actualidade, algún tipo de filtro á información na Rede: China, Azerbaiyán, Bahráin, Brumma, Etiopía, India, Irán, Marrucos, Arabia Saudí e Corea del Sur son algúns dos casos. Así, por exemplo, a web da BBC é inaccesible en Myanmar (antiga Birmania), Google en Irán ou YouTube na propia República Islámica e Arabia Saudí.


Abdul Kareem Nabeel Suleiman é un blogeiro exipcio de 22 anos de idade; en febreiro sentenciaronno a catro anos de prisión por "desprecio á relixión" e por "calumniar ao presidente de Exipto". Como el son moitos os casos. Para que os contidos censurados non se perdan, Amnistía Internacional puxo en marcha o pasado ano, coa colaboración de The Observer, o proxecto Irrepressible.info. Unha web que non só recopila noticias sobre casos de censura documentados pola organización, senón que conta cunha base de datos de información censurada en determinados países e cun sistema para que calquera poda convertir a súa propia web nunha porta de acceso a eses contidos.


Cun sinxelo 'script', unha páxina ou un blog calquera será un enlace ás ducias de páxinas clausuradas polo mundo que "Alguén non quere que leamos".

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    non coñecía este proxecto pero, a verdade, está de puta madre...alguén non quere que leas isto........

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -