Publicado por : Adycto
5 de xuño de 2007
A Banda Terrorista ETA púxolle fin, a través deste comunicado, ao alto o fogo permanente, iniciado en marzo do 2006, e que xa reventara co atentado contra a terminal 4 do aeroporto madrileño de Barajas durante o pasado nadal. Segundo afirma a banda terrorista no seu comunicado, a partir de maña "actuará en todas as frontes en defensa de Euskal Erria". O presidente do goberno, Rodríguez Zapatero,certificou esta mañá nunha mensaxe institucional leída dende Moncloa que ETA deu por finalizado o alto o fogo, que "xa rompera de feito co atentado de Barajas que costoulle a vida a dous cidadáns ecuatorianos", e asegurou que a sociedade española mostrará de novo que "non vai a ceder a ningunha das amenazas ou desafíos aos que se lle quera someter". O xefe do Executivo cree que "ETA volta a equivocarse", pois a súa "decisión vai radicalmente na dirección contraria ao camiño que desexan a sociedade vasca e a española", "un camiño que só pode iniciarse e percorrerse coa renuncia completa á violencia". Por todo isto, Zapatero expresou a súa esperanza de que, ante o anuncio de ETA, "o respaldo dos grupos políticos" ao Goberno sexa agora "unánime". Tras os comunicados chega o momento das reflexións, foi un erro tratar de lograr a paz?, foi un erro negociar cos terroristas? se o goberno cedeu á chantaxe da ETA, tal como afirman no PP, por qué ETA rompe a tregua?, que hai que facer agora?, recuperarán os partidos a unidade contra ETA?. De momento aínda é cedo pero trataremos de ir contestando estas preguntas unha a unha.
A estas horas da tarde xa reaccionaron a noticia da fin da tregua de ETA os principais actores da vida política deste conflicto. Así, Mariano Rajoy afirmou que a mesaxe de ZP era ambigua, o goberno vasco, pola súa parte, teme que ETA atente en calquera momento. Na Galiza, os principais líderes tamén opinaron sobre o tema do día. Touriño aposta por unha política firme e unida contra ETA, Quintana, pola súa parte, pide un acordo unitario que evite a tentación de sacar rédito político e Feijóo di que hai que regresar ao Pacto Antiterrorista.
Publicar un comentario