Publicado por : Adycto 8 de xuño de 2007


O Faro de Vigo recolle unhas declaracións de Telmo Martín, o candidato do PP para alcalde de Pontevedra nas pasadas municipais, nas que afirma, textualmente, que "espero que alguno de los 13 concejales (del futuro gobierno local del BNG y del PSOE) en algún momento, apueste más por Pontevedra que por los partidos políticos". Isto, por moi parvo que sexas, é unha invitación clara ao transfugismo político pero, por si había algunha dúbida ao respecto, Telmo recalcou o seu ofrecimento afirmando que "nosotros iremos con nuestras propuestas al pleno y para llevarlas adelante debemos tener el apoyo de un concejal más y es cuestión nuestra convencerlo". A Martín so lle faltou poñer un anunciou no xornal que disexe algo así: Cómprase transfuga para o concello de Pontevedra. Vivenda e transporte a cargo de Construcuatro. Ingresos brutos ao ano máis de 300.000 euros (comisións, plenos, dietas e bonus aparte). Interesados enviar cv con foto ao mail mercasetransfuga@hotmail.com...


O preocupante do tema é que este tipo estivo a piques de lograr a maioría absoluta en Pontevedra. Tal e como votou a xente, haberá cidadáns que pensen que as declaracións feitas por Telmo non son para tanto e que son parte do xogo da política. Nada que engadir.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Xa non é urbanizator....agora é Transfugator!!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -