- Atrás »
- Curiosidades , curioso »
- ESTUDOS RAROS
Publicado por : Adycto
11 de xuño de 2007
Cada vez máis, as cadeas de televisión conclúen os seus informativos con estranos estudos sociolóxicos ou investigacións raras que sempre ofrecen resultados sorprendentes. Os xornais e as radios tamén cubren estas informacións e, ao remate do día, todos sabemos que unha monxas dun convento non sei onde están a facer un experimento alimenticio bebendo cervexa todos os días e que, segundo a Universidade de Wichita Esteit, a perda de cabelo nas mulleres é sintoma dunha vida plea. Seguindo esta moda dos estudos raros, Xornal Aberto leva hoxe á portada unha información asinada por Sara Carreira para a Voz na que afirma que un estudo destes vencella o peso ao nacer co éxito na vida ou nos estudos. Segundo esta investigación, levada a cabo pola Universidade de Michigan, pesar menos de 2,5 quilos ao nacer aumenta nun 33% as posibilidades de abandonar a escola secundaria, reduce as ganancias anuais preto dun 15% e empeora a saúde das persoas de entre 30 e 40 anos. Pois nada, todos a preguntarlle aos pais canto pesamos ao nacer e, partindo dese dato, xa saberemos se nos vai a ir ben ou mal. Para que facer nada se o noso destino o marca o noso peso ao nacer?
Publicar un comentario