Publicado por : Adycto 7 de xuño de 2007

Hoxe estiven cun amigo tomando un café nun coñecido bar da santiaguesa Rúa de San Pedro e díxome: "viches as valoracións cidadáns sobre as eleccións que dá a Voz hoxe, na edición de Santiago?" (ou algo así). Eu respondinlle que non e el, presto, achegoume o xornal que estaba no outro lado da barra. Buscou a páxina, sinaloume cun dedo a información que tiña que leer e esperou a miña reacción. Eu collín o xornal e atopeime co seguinte: "Teo, por fin: Es una pena que nuestro alcalde ya no vaya a tener tantos títulos honoríficos. Pero por fin llega un cambio que necesitábamos desde hacía mucho tiempo. La verdad es que me gustaría ver a Armando Blanco en la oposición para así demostrar que de verdad servía al pueblo. A.B. ". Eu escaralleime de risa e el non paraba tampouco de rir. Non sei se a "valoración anónima" é tal, non sei se o xornalista que se ocupa da sección é un cachondo e non sei tampouco se esto é so froito da casualidade. Vos que pensades? Volveríame un "conspiranoide" como os da Cope e o Mundo?. Para que non pensedes que o invento, aquí tedes o enlace que os leva á páxina da Voz onde está o texto mencionado.

4 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Está muy claro que es fruto de la casualidad. Nada más que la casualidad.

    A.B.


    juajuajuajuajuajuajua

  2. A. B. dí:

    Yo no fui quen escribió eso...

  3. Anónimo dí:

    non, foi A.B., que é distinto!

  4. jon dí:

    Pu Teo será....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -