- Atrás »
- Culturnet , Curiosidades , curioso »
- OS CINES EN FOLGA
Publicado por : Adycto
18 de xuño de 2007
Hoxe é o día no que os novos alcaldes comezan a traballar. É tamén o día no que o Real Madrid celebra o título de liga acadado e o Celta chora con amargura polo seu descenso a segunda división pero, tamén hoxe, é o día no que as Salas de Cine decidiron pechar para protestar contra o novo proxecto de Lei do Cine. Igual a moitos non lles parece esta nova importante pero, dende o meu punto de vista, a noticia ten "chicha" xa que eu non lembro nunca antes que se dera esta situació. A Federación de Cines de España (FECE) convocou para hoxe un peche de salas en toda España, para protestar polo proxecto de Lei do Cine, porque consideran que provocará unha "profunda crise" no sector da exhibición.A FECE agrupa ao 90% das preto de 4.000 salas que hai en España e decidíu organizar este peche patronal de 24 horas porque considera que o Ministerio de Cultura non negociou cos exhibidores e ademais desoíu as súas principais demandas, segundo o director xeral da entidad, Antonio Alvero.
A federación quere que se elimine a cuota de pantalla que lles obriga a programar un mínimo de películas europeas e españolas ou, no seu defecto, que se lles compense por ter que levar ás súas salas unhas películas que "interesan moi pouco ao público", en palabras de Alvero. Os cines reprochan tamén a Cultura que non aproveitase a lei para acabar co "abuso de dominio" que consideran que sofren por parte das distribuidoras de Hollywood, nin para ampliar o tempo de exclusividade que teñen os cines na explotación de películas, que piden que aumente ata os seis meses.
Tres apuntamentos:
1º. ¿Por qué non pecharon na fin de semana e o fan o luns?
2º. os ianquis teñen arancéis para todo tipo de produtos que non queren que entren libremente no seu mercado, incluindo os produtos cinematográficos; véase a restricción no circuito comercial ás películas non rodadas en fala inglesa.
3º. para os que din que o cine español/europeo non é competitivo: en inversión, claro que non, en calidade dubidoo. a xente traga bodrios ianquis sen pestañexar; é un cine de consumo rápido, tipo mcdonalds. polo camiño pérdense cintas europeas (e españolas) incapaces de entrar nas salas "mercadas" polos americanos; haberá que limitar, como fan eles, o libre acceso, xa que, paradóxicamente, este libre acceso está a crear un monopolio de maccine rápido, con carne de pésima calidade e pouca cebola... Por moitas hamburguesas que venda o mcdonald...
estamos de acordo crischoven! falan de que o cine español e malo e a maioría do que fan os ianquis da auténtico noxo. Do da folga o luns nin falamos...pero a pregunta é, onde andan os actores e directores españois que non se lles oe dicir nada?