Publicado por : Adycto
19 de xuño de 2007
Hoxe tiven a sorte de ler no diario bórico El Mundo unha das noticias máis divertidas dos últimos tempos. O xuízo do 11-M está dando constantemente titulares moi interesantes, na maior parte dos casos vencellados coas actuacións dalgúns dos letrados das distintas acusacións particulares ou coa forma de proceder de "Super Bermúdez", o xuiz máis duro ao oeste do Manzanares. Onte, o protagonista do xuízo foi Gonzalo Bayo, avogado dunha das vítimas do 11-M, que durante un repaso dos cargos presentados contra os 28 procesados polos atentados, afirmou que a relación entre o terrorismo islámico e a trama asturiana estaba claramente probada por moitos feitos, entre os que destacou que un dos presuntos autores intelectuais da matanza, Hassan el Haski, vencellado ao Grupo Islámico Combatiente Marroquí, tiña como saúdo inicial da súa axenda electrónica o "Asturias, patria querida". Ten toda a razón porque senón, por que motivo ía ter Hassan el Haski esta melodía na súa axenda? por coña? Está moi claro, os que teñen a Shakira de melodía no seu móvil andan metidos en "bisnes" coas mafias colombianas da droga, os que teñen a U2 andan metidos no IRA, os que teñen "Marinero de luces" da Pantoja andan na corrupción urbanística e os que teñen "Asturias patria querida" andan no do 11-M. Ademais, a letra do himno asturiano da moito que pensar: "Asturias, Patria querida, Asturias de mis amores; /¡Quién estuviera en Asturias, en todas las ocasiones!/Tengo que subir al árbol, tengo que coger la flor, y dársela a mi morena que la ponga en el balcón./Que la ponga en el balcón, que la deje de poner, tengo que subir al árbol y la flor he de coger." Balcón, flor, morena.....está muy claro!
Publicar un comentario