Publicado por : Adycto 26 de xuño de 2007


Hoxe leín no diario máis bórico que Xapón vai a realizar o primeiro estudo a gran escala para analizar as razóns da súa imponente tasa de suicidios, a maior entre os países industrializados con 30.000 ao ano, e por este motivo, decidín investigar sobre cal é o número de suicidios que temos na Galiza, en España e en Europa. Os datos que atopei, todos referidos ao ano 2005, deixáronme abraiado xa que, segundo as estatísticas ao respecto, o suicidio constitúe un problema de saúde pública moi importante no mundo, que provoca case que a mitade de todas as mortes violentas e tradúcese en case que un millón de vítimas ao ano en todo o mundo. As estimacións realizadas pola OMS (Organización Mundial da Saúde) indican que en 2020 as vítimas poderían ascender a 1,5 millóns. O caso europeo, aínda que lonxe do xaponés, é realmente sorprendente para un "non iniciado" nestes temas coma mín. En Europa, cada ano morren 58.000 cidadáns por suicidio, sete mil máis que por accidente de coche. Parece increíble que o problema dos accidentes de tráfico estea presente todos os días nos medios e, sen embargo, nunca se mencione o tema dos suicidios que, segundo a Consello Europeo de Sanidade e Consumo, son o asasino invisible de Europa. No estado español as cousas non son iguais que en Europa (Spain is diferent) e, deste xeito, tamén no ano 2005, morreron nas estradas preto de 4.400 persoas mentres que os mortos por suicidio foron 1909. Na Galiza, pola nosa parte, os suicidios rexistrados no ano 2005 foron 234 o cal nos convirte nos 4º do ranking de suicidios dentro do conxunto de España.



A escala global, o suicidio representa o 1,4% da carga mundial de morbilidade, pero as perdas van moito máis alo xa que preto de 20 millóns de persoas sofren secuelas, cada ano, por intentar suicidarse. No ano 2001 os suicidios rexistrados no mundo superaron a cifra de mortes por homicidio (500 000) e por guerras (230 000). Entre os países que informan sobre a incidencia de suicidios, as tasas máis altas danse en Europa do este, e as máis baixas sobre todo en América Latina, os países musulmáns e uns cantos países asiáticos. Exceptuando as zonas rurais de China, suicídanse máis homes que mulleres, aínda que na mayoría de lugares as tentativas de suicidio son máis frecuentes entre as mulleres.


O comportamento suicida ven determinado por un gran número de causas complexas, tales como a pobreza, o desemprego, a perda de seres queridos, unha discusión, a ruptura de relacións e problemas xurídicos ou laborais. Os antecedentes familiares de suicidio, así como o abuso de alcohol e estupefacentes, e os maltratos na infancia, o illamento social y determinados trastornos mentais, como a depresión e a esquizofrenia, tamén teñen gran influencia nos numerosos suicidios.


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -