Publicado por : Adycto 26 de xuño de 2007


Directivos da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN) -o organismo responsábel dos dominios de internet- anunciáronlle aos responsables da iniciativa Puntogal, durante a conferencia deste organismo que se celebra en Porto Rico dende o pasado luns, que lanzarán unha convocatoria de novos identificadores, posiblemente, dentro dun ano. O anuncio supón un atraso de seis meses sobre os prazos cos que a ICANN traballaba na súa pasada xuntanza de Lisboa, celebrada en febreiro. Os dirixentes da ICANN argumentan razóns de tipo técnico, sobre todo a necesidade de crear por vez primeira unhas regras para a creación de todo tipo de dominios que se manteñan no tempo- para xustificar o atraso da esperada convocatoria.

Puntogal, pola súa banda, solicitou que a redacción da convocatoria se acelere o máximo posíbel. No mesmo sentido se pronunciaron varios representantes das ducias de iniciativas que tamén promoven identificadores para as súas comunidades, entre os que hai grupos unidos por intereses culturais (como o Puntogal), comercias e relacionados con grandes cidades, entre outros. Segundo nos informa Puntogal na súa páxina web e, malia o atraso sobre o calendario inicial, a asociación segue traballando na elaboración da candidatura galega. Dentro deste proceso, a directiva da asociación reuniuse recentemente con representantes do Ministerio de Industria, que comprometeron a súa colaboración. A Xunta de Galicia, o Eixo Atlántico -no que participan cidades galegas e do norte de Portugal- son algúns das institucións que xa deron o seu apoio ao ".gal", ao igual que máis de 6.000 internautas que rubricaron o seu apoio a través de www.puntogal.org.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -