Publicado por : Adycto
4 de xuño de 2007
O lider do Partido Popular, Mariano Rajoy, realizou onte un guiño aos "partidos nacionalistas moderados" ante a proximidade das eleccións xenerais. Despois de moito tempo de inmovilismo e a pesares do "rotundo éxito" acadado nas últimas eleccións municipais e autonómicas polo PP, parece ser que Mariano Rajoy comeza a darse conta de que, coa estratexia do aislacionismo, e moi complicado, por non decir imposible, acceder ao goberno do Estado. Así, Mariano Rajoy chiscoulle onte o ollo aos dirixentes de Convergéncia i Unió e tamén aos de Coalición Canaria, aos que lles ofreceu pactar na Islas para que os nacionalistas podan acceder ao goberno, a aos do PNV. Segundo recolle o xornal catalán a Vangarda, Marianito deixoulles bastante claro aos dirixentes converxentes que podería contar con eles tras as vindeiras eleccións xenerais para chegar a pactos como os entablados entre ambas formacións no ano 1996 e tamén fixo extensivo o chamamento a partidos como Coalición Canaria e PNV. Moito haberá que andar ata que se poida chegar a un clima político que permita tales acordos pero o primeiro paso xa está dado.
Pero as noticias sobre os populares non rematan con este notición sobre futuros pactos dos populares con nacionalistas xa que o presidente popular anunciou esta mañana que o seu grupo parlamentar presentará "hoxe mesmo" unha iniciativa no Congreso para que se cree una comisión que poña letra ao himno nacional. En declaracións a Onda Cero, Rajoy afirmou que o traballo desa comisión debería durar uns "dous ou tres meses".
O pasado 18 de abril o historiador Jon Juaristi desvelou que o anterior presidente do Goberno, José María Aznar, encargou a un grupo de escritores e poetas, poñerlle letra ao himno nacional, aínda que non chegou a facerse porque "non había posibilidade de chegar a un consenso coa oposición". Case nada!!! (Eu lembro aquel que cantaba cando era neno que dicía "Franco, Franco, que tiene el culo blanco, porque su mujer lo lava con Ariel... )
Publicar un comentario