Publicado por : Adycto 27 de xuño de 2007


Hoxe comezan, no compostelán Barrio de San Pedro, as festas máis famosas da cidade, a excepción desas que se celebran no mes de xullo na capital de Galiza e que chaman do Apóstolo ou algo así. O programa deste ano é realmente espectacular e abre hoxe con dúas actividades: a exposición do Concurso de Cartaces na Galeria Petronio (rúa San Pedro) e o concerto, ás 22:00 horas na Praciña de San Pedro,de Najla e Héctor. As festas continúan maña xoves, ás 20:30 horas, co IV Encontro de Corais no Auditorio do Museo do Pobo Galego e seguen, ás 22:00 horas, cunha "Foliada-Churrascada" na Porta do Camiño na que participarán: Lúa de Fouce , Brincadeira e Radio Cos. O venres 29 haberá pasarúas a cargo dos Veraneantes e, xa pola tardiña, a eso das 21:00 horas, estarán Brincadeira e cabezudos no Cruceiro de San Pedro. O prato forte da xornada será ás 22:00 horas na Porta do Camiño coa "Noite do Lastro", na que participarán Bonovo, Malandrómeda, Transilvanians e Dj's Bochechas e Nublosa.


O sábado ven o día grande das festas do "mellor barrio de Santiago". Ás 10:00 horas haberá Feira de Artesanía na rúa de San Pedro con:Gaiteiros, Cabezudos, Charangas eObservación das estrelas. Ás 13:30 horas a tradicional sesión vermut, a cargo da orquestra Super Fama, ás 17:30 horas, para os máis nenos, actuación do Mago Vituco (diante do DIA) e ás 18:00 horas, no mesmo sitio, karaoke infantil. Xa pola noite, a eso das 22:30 horas, a orquestra Super Fama actuará en sesión de noite e, tras a orquestra, ...espectacular Karaoke!. O remate das festas será o domingo (con todo o barrio de resaca) e, que mellor para pasar un domingo, que acudir a Romaría Popular no parque de Belvís, sobre as 13:30 horas, na que participarán Os Estalotes e Serán de Toutón e na que haberá xogos hinchables e moita comida. Estades todos convidados a achegarvos ata o barrio máis festeiro de Santiago a celebrar a chegada (se e que dá chegado) do verán. Para máis información acudide a http://fbsp.info/.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -