Publicado por : Adycto 27 de xuño de 2007

En Xornal Aberto iniciamos hoxe unha nova aventura cultural. Tratando de facer un plan independente de fomento da lectura no noso país, Xornal Aberto incia dende hoxe un novo proxecto mediante o cal, cada día, poremos a disposición dos nosos visitantes un novo capítulo dun libro. Deste xeito, capítulo a capítulo, trataremos de que todo o mundo lea un pouco máis. Ademáis, cada día engadiremos un novo capítulo ao anteriormente publicado co cal, cando rematemos, teremos no noso ordenador un novo libro. Aínda que o ideal sería que o libro estivese en galego, para comezar con esta nova aventura eliximos o libro de J.D. Salinger "El guardián entre el centeno" e, como non atopamos en ningún lado unha edición na nosa lingua e, para que enganarnos, como non nos apetecía poñernos a traducir o libro, decidimos "colgalo" en castelán. Trateremos de que os seguintes libros estean en galego. Para descargar os capítulos só tedes que premer neste enlace ou na "portada" que aparece na sidebar deste blog. Volta a novela por entregas!

O libro que abre esta saga en Xornal Aberto é unha obra cargada de controversia. As razóns principais polas que este libro foi criticado eran a súa linguaxe ofensiva e as súas referencias ao abuso de drogas, "bebercio" e prostitución. Os críticos ven ao protagonista do libro ( Holden) como un instigador de masas, distorsionando a mente dos mozos para convertirlos en "parias sociais" pero eu so vexo a un neno cos problemas de adaptación ao mundo adulto que todos sentimos algunha vez.


Como dato anecdótico hai que dicir que este era o libro de cabeceira de Mark David Chapman, o home que matou a John Lennon. Aparentemente estaba obsesionado coa obra de Salinger e o levaba enriba cando matou a Lennon. John Hinckley, Jr. o home que disparou contra Ronald Reagan tamén estaba obsesionado con este libro. Moitos pensan que os motivos que levaron a Lee Harvey Oswald a asasinar a J. F. Kennedy están relacionados co libro. Estes iankis que están moi tolos!


3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Hai unha edición de Xerais, traducida por Xosé Ramón Fernández Rodríguez: O vixía no centeo. É do ano 1993 a 3ª edición.

  2. Adycto dí:

    Grazas poola información. Sabes se podo descargala nalgún sitio? é que unha cousa é perder o tempo facendo o blog e outra gastar os cartos tontamente.

  3. Anónimo dí:

    Eu teño o libro. O de descargala non sei se hai algún sitio.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -