Publicado por : Adycto 13 de xuño de 2007


Todos cometemos erros na vida e no traballo e, non por iso, deixamos de criticar os dos demais. Onte estaba ollando a edición dixital do Pravda (o País para os non habituais deste blog) e atopeime cun titular que me fixo pararme a pensar. O titular era "Expiral de violencia en Gaza" e servía para ilustrar unha fotografía na que aparecían familiares dun líder de Al Fatah chorando a súa morte, presuntamente a mans de milicias de Hamás. Segundo o diccionario da Real Academia Española da Lingua "espiral" é unha "curva plana que da indefinidamente vueltas alrededor de un punto, alejándose de él más en cada una de ellas", que supoño que sería o que quería dicir o redactor ao titular deste xeito. O diccionario da RAE tamén indica que "expirar" é "acabar la vida" e eu penso que hai que poñer un pouco máis de coidado co uso do idioma cando publicamos nun xornal da importancia do País. Poderán defenderse dicindo que foi un erro tipográfico xa que a "s" e a "x" están moi próximas no teclado dun ordenador pero a verdade é que un xornal que ten por nome "El Pais" e non "El País" pouco pode defenderse neste senso. Ao mellor estamos todos confundidos e o que tratou de facer o redactor é inventar unha nova palabra que misturara os termos de "espiral" e "expirar" para falar dunha curva que da indefinidas voltas ata acabar coa vida. Eu o fago habitualmente e xa teño inventadas novas verbas en castelán como "viuvia", para definir a mistura de "viento y lluvia", e en galego como "trisdicia", para definir a mistura dos sentimentos de tristura e ledicia nun determinado momento. Será iso....

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Todos cometemos erros kando escrivimos, non e para poñerse hasí.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -