- Atrás »
- Curiosidades , curioso , mundo »
- COMO GUINDARLLE O RELOXO AO "AMO" DO MUNDO
Publicado por : Adycto
12 de xuño de 2007
George Walker Bush anda este días de xira europea. Despois da súa estancia en Alemaña, para o cumio do G-8, e de pasar por Italia, Polonia ou a República Checa o presidente norteamericano chegou a Albania. O pasado domingo, o actual inquilino da Casa Branca paseouse entre unha multitude de cidadáns albaneses que o vitoreaban e abrazaban e Bush, populista como o que máis, decidiu achegarse á xente para recibir as súas apertas e parabéns. Se miramos atentamente o video da visita, emitido por unha televisión albanesa, poderemos observar como o presidente americano inicia o achegamento ás "masas que o aclaman" cun reloxo na man esquerda e, aos poucos segundos, o reloxo xa non está na súa man. Alguén estará agora mesmo "fardando" do lindo nalgún bar da cidade ensinando o reloxo roubado. Non todos os días podes guindarlle o reloxo ao "amo" do mundo.
Publicar un comentario