- Atrás »
- Curiosidades , curioso »
- LÁSTEMA DE BOIS
Publicado por : Adycto
20 de xuño de 2007
A Gardia Civil detivo, na localidade ourensá de Rairiz de Veiga, a un home de 76 anos de idade por ter 76 prantas de cannabis nunha finca da súa propiedade. O perigoso delincuente está acusado dun delito contra a saúde pública (sempre me fixo gracia a denominación do delito) aínda que o septuaxenario asegurou que descoñecía a existencia da plantación. A marihuana foi localizada polos axentes o domingo aínda que a detención non se produxo ata onte (eficaces coma sempre). Creo que o estupendo e famoso debuxo de Castelao que preside este post, publicado no xornal A Nosa Terra o 15 de xullo de 1920, di todo o que se pode dicir ao respecto. Ou non?
Publicar un comentario