Publicado por : Adycto 9 de maio de 2007



Hoxe imos poñer a disposición dos lectores de Xornal Aberto unha auténtica obra de arte para que a podades disfrutar na vosa casa. Os polémicos creadores británicos Gilbert & George levan dende a década dos setenta elaborando grandes pezas murais con fotomontaxes, nas que abordan temas como o alcoholismo, a homosexualidade ou os conflictos sociais. Estas obras, nas que parodian de certo xeito o arte das vidrieras e nas que combinan o humor coa provocación, parten de imaxes extraídas da realidade que misturan coas súas propias figuras. Pois ben, estes autores acaban de poñer a disposición de todo o mundo a posibilidade de poseer unha das súas obras a través das páxinas webs de The Guardian e da BBC.


Co nome de "Planed", a obra está composta por nove paneis que deberán ser descargados de xeito individual para crear a composición final. Todos os paneis poden ser impresos en calquera dimensión e poderán ser reproducidos un número indeterminado de veces durante os dous días que a obra estará dispoñible. Xa sabedes, se queredes ter a obra so tedes que premer neste enlace e descargar os nove paneis que a comopoñen. Logo podedes imprimila e poñele onde queirades. Unha oportunidade única que non debedes desaproveitar.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    grazas adycto, está de puta madre o mural este...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -