Publicado por : Adycto 8 de maio de 2007


Aínda que non fale habitualmente de fútbol neste blog a verdade é que gusto moito de seguir o deporte rei. Por este motivo sorprendinme moito cando lin, no xornal Vieiros, que unha páxina web puxo en marcha unha idea interesantísima: xuntar a 50.000 siareiros que estean dispostos a aportar 35 libras (uns 50 euros) para, unha vez xuntados todos os cartos, mercar un equipo de fútbol e despois xestionalo vía web. Deste xeito os milleiros de socios decidirán na internet todas os temas de importancia relacionados co conxunto: fichaxes, once inicial, estilo de xogo, táctica, baixas, etc. A páxina web chámase myfootballclub e xa vai camiño de xuntar a 10.000 persoas no proxecto (en apenas 1 semana). Eu apunteime hoxe mesmo e espero poder informaros en breve da evolución do proxecto. Polo momento o equipo elixido para mercar (que se pode elixir) é o Leeds United inglés que, neste momentos, pasa por delicados momentos no deportivo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -