Publicado por : Adycto 7 de maio de 2007


Durante a pasada fin de semana pasaron moitas cousas no mundo. Sarkozy gañou as eleccións en Francia e, deste xeito, os liberais máis liberais chegan ao poder máis aló dos Pirineos. Mentres tanto, en Vigo, o señor Zapatero, inbuido dun espíritu electoralista sen parangón, afirmou cousas que os galegos non é a primeira vez que escoitamos e que, por desgracia, creo que non vai a ser tampouco a última vez. Así, Zapatero afirmou que "Quién lo iba a decir, Galicia está liderando el crecimiento económico de España y dando cifras impresionantes en la creación de empleo, especialmente Pontevedra y Vigo, con unos datos de exportación muy relevantes para que podamos tener esta economía próspera, que crece mejor y más que antes". Non contento con iso, Zapatero afirmou que o AVE chegará a Vigo "directamente de Ourense en el año 2012" e que "vamos a poder acometer todas las inversiones de alta velocidad, de autovías, de puertos y de aeropuertos que necesita Galicia para seguir, como está ahora, liderando el crecimiento de España". Creo que a este pasoulle como a Aznar o outro día, o viño subíuselle á cabeza. Será o viño ou será o espíritu electoralista?

Por certo, durante a fin de semana tamén atopei a defensores do ex-presidente Aznar e as súas declaracións sobre a DXT, o viño e a velocidade. Parece difícil pero atopei a varias persoas que afirmaban que a liberdade de expresión é un ben que está por encima de todos.....manda carallo que sexan eles que o digan¡¡¡ Ademais, aquí ninguén pon en dúbida a liberdade de expresión. Póñese en dúbida a responsabilidade e sentido de Estado dun home que foi presidente do Goberno de España durante 8 anos.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -