Publicado por : Adycto 4 de maio de 2007




Durante bastante tempo o sidebar do blog estivo dotado dun icono, como o que preside este post, que permitía aos visitantes apoiar a Xornal Aberto nos premios 20blogs outorgados polo xornal 20 minutos. Os finalistas xa están elixidos e, por ese motivo, retirei o icono. O resultado da miña participación neste concurso non estivo mal (eu estou contento) xa que quedei de 33 na categoría Blogs en linguas constitucionais distintas do castelán, na que participaban 94 blogs. Obtiven un total de 13 votos e estou contento deles. Para concluir os indico algúns dos finalistas das distintas categorías que, o vindeiro xoves 10 de maio, terán xa un gañador definitivo. Na categoría na que eu participei dous blogs galegos: 7 minutos antes de la medianoche e Cinema Friki están entre os finalistas e espero que, ao final, algún dos dous sexa o gañador xa que os blogs o merecen (a min gustame máis o de Sete pero a cousa vai por barrios). No resto das categorías hai blogs para todos os gustos entre os finalistas. A min gustanme, entre outros, Chinochano, Malaprensa, Periodismo incendiario ou Marta de Esparta....sobre gustos non hai nada escrito (ou eso din).

One Response so far.

  1. Andrés dí:

    Graciñas pola mención, a ver se teño sorte ;)

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -