Publicado por : Adycto 3 de maio de 2007


Antes de nada quero pedir desculpas polo tempo que levaba sen actualizar o blog pero, a verdade, levo uns días moi liados e non tiven nada de tempo para Xornal Aberto. Despois disto, teño que decir que son moitas as novas importantes que, durante estes días, asaltaron as portadas dos xornais e por tanto merecían ter trato en Xornal Aberto pero que tan só dúas calaron realmente na miña cabeza. A primeira delas, non por iso menos importante, é que os Borbóns engadiron unha boca máis para comer na mesa e, por tanto, unha carga económica máis para todos os que pagamos impostos e a segunda é que Isabel Pantoja foi detida onte a noite pola súa posible implicación na xa famosa Operación Malaya. Como xa vos contaba a finais do pasado ano, un asiduo lector deste blog, S.L. para ser mais concretos, sostiña unha interesante teoría: Os socialistas queren meter na cadea a tódolos famosos.


Onte pola noite, como non podía ser doutro xeito, S.L chamoume para decirme que a caza de meigas segue adiante e que a lista non para de crecer: Farruquito (bailador), Carmen de Mairena (travesti de cronicas marcianas), González de Caldas (mozo de Sofía Mazagatos e ex-presidente do Sevilla), Maite Zaldívar (mítica do tomate), Julian Muñoz (mozo da Pantoja), o apoderado do Cordobés, o apoderado de Rivera Ordoñez e Mágico Gonzalez (fillo do mítico futbolista gaditano), Maria José Campanario, a filla de Paco Marsó (o ex-marido de Concha Velasco), Cristina Blanco, a vidente dos famosos, a nai de Sonia Arenas ou Nacho vidal. Son moitos na lista á que agora se engade Isabel Pantoja e, en breve, serán máis: din as malas linguas que o actual presidente do Sevilla, Del Nido, non vai a celebrar ningún título este ano como presidente (e non vai ser porque o equipo non gañe). Xa para despedirme diciros que teñades coidado coa excesiva exposición, durante estes días, aos programas de corazón xa que o bombardeo vai a ser excesivo.


Por certo, como se atreve o Urdangarín ese a pegarlle unha "collexa" ao quinto na liñas de sucesión ao trono do reino de España. O video comeza co principijo e a outra filla pero no 1:30 sae o golpe de Urdangarín a Foilán, onde estaba a seguridade real?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -