Publicado por : Adycto 25 de abril de 2007

A gripe chegoume tarde este ano. Levaba un par de días "moqueando" e tosendo e hoxe, definitivamente, o catarro acabou conmigo. Como non teño o corpo para festas vou facer un post pequeno e tranquilo para voltar rápido á camiña. Sorprendeume hoxe unha nova publicada na Voz de Galiza na que se fala dunha páxina web, Lo prometido es deuda, na que se recollen as promesas electorais feitas por varios candidatos ás alcaldías de diversas cidades. Entre estes están Abel Caballero, candidato socialista á alcaldía de Vigo, Fernando Rodríguez Corcoba, candidato por Coruñeses con Buenos Argumentos á alcaldía da Coruña, Félix Porto Serantes, candidato sociata ao concello de Muxía, Henrique Tello León, candidato bloqueiro á cidade de A Coruña, Javier Losada Aspizu, o "sucesor" de Vázquez na alcaldía da cidade herculina, María Luz Ponte Mosqueira, candidata "roxa" para Coruña, Miguel Anxo Fernández Lores, actual alcalde bloqueiro de Pontevedra e candidato a repetir por terceira vez consecutiva, Santiago Domínguez, candidato bloqueiro a Vigo, Teresa Casal, candidata sociata a Pontevedra e, coma non, o "prometedor" por antonomasia: Telmo Martín, constructor de sona e candidato popular ao concello de Pontevedra. Mentres esto acontece, Feijoo presume de que o seu partido mudou a empanada por internet e fala de que son o primeiro partido de España en ter unha canle no Youtube. Neste canle, ademais de discursos e mítines, os populares demostran a súa ironía....


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -