Publicado por : Adycto
28 de maio de 2007
As eleccións locais remataron e, tras o reconto, chega o momento da interpretación dos datos. Os principais titulares en Galiza son que as maiorías absoultas desaparecen nas sete grnades cidades galegas, que o PPdG perdeu ata 50 maiorías absolutas máis e que a Deputación de Lugo, ata o de agora feudo histórico do PPdG, pasará a mans do bipartito tras estas eleccións. A Deputación de Pontevedra, en mans do bipartito co 92% dos votos escrutados, quedou en manos dos populares no reconto final. Con este panorama, as interpretacións son moitas e moi variadas pero, dende Xornal Aberto, a interpretación que facemos é a seguinte: Chega o momento do Bipartito. Desplazado o PPdG do goberno das sete principais cidades galegas e perdida a Deputación de Lugo o Bipartito ten agora, no seu poder, o goberno da Xunta de Galiza, dos principais nucleos poblacionais galegos e de dúas das catro Deputacións Provincias co cal as excusas remataron. A partir de agora, cos cidadáns entregando o poder municipal á coalición PSOE-BNG, tan so do bo tino dos seus dirixentes marcará o tan cacareado progreso que os seus líderes pregoan. Chega pois o momento de facer realidade as promesas electorais que os levaron ata o poder e, ademais, sen ningún tipo de excusa xa que, no goberno de Madrid está o PSOE e no poder en Galiza (autonómico e municipal) está o Bipartito.
Ademais disto, o estudo dos datos electorais permite extraer máis consecuencias. Así, una extrapolación de datos pensando en clave autonómica e, sen contar todavía o voto emigrante, permitiría a PSOE e BNG reeditar o bipartito no goberno da Xunta e ao PPdG seguir sendo a forza máis votada na Galiza, aínda que perdendo dous dos seus actuais 37 parlamentarios. En todo caso hai que decir que, en termos xerais, o gran triunfador destas eleccións foi o PSdG-PSOE que foi o único partido que medrou en relación aos datos dos comicios municipais de 2003. O BNG, pola súa banda, aguantou bastante ben o empuxe dos socialistas e o PPdG, a pesares de manter bastante ben o tipo en canto a número de votos e de lograr algún éxito importante en cidades como Pontevedra, Vigo, Santiago ou Coruña, quedará, por primeira vez en moitos anos, fora do poder nas sete grandes cidades galegas.
Precisamente esta perda de poder urbano do PPdG debería facer que o líder galego da formación, Alberto Núñez, falase con Madrid para replantexarse a estratexia do PP a todos os niveis. Esas teses zaplaneras e acebistas de "todo ou nada" parecen enfrontarse totalmente co sentir dos galegos que, a través do seu voto, demostran que para chegar aos gobernos das sete cidades esixen aos partidos que acaden acordos políticos que, nestes momentos, o PPdG non está en disposición de facer. Que pasaría cos datos destes comicios se o PPdG poidese acadar acordos políticos con outras formacións? Seguramente hoxe estariamos a falar dun éxito absoluto do PPdG que podería chegar a gobernar en cidades como Pontevedra, Vigo, Ourense ou Santiago nas que o populares galegos foron a lista máis votada. A política aislacionista do PP alonxa pois ao partido do poder convertendo a un "partido de goberno" en un "partido de oposición".
todo é relativo, coma sempre no día despois.
non obstante, sempre teño a sensación de que saen votantes do PP debaixo das pedras e sempre acaban gañando.
non debemos olvidar o fracaso de Orozco o non conseguir unha malloría absoluta cantada, asimesmo fiasco en Pontevedra, A Coruña, Vigo e Santiago.
a pesar de todo, si un lle vota unha ollada á páxina 2 do diario de Pontevedra donde sae un mapa precioso donde se sinala a forza máis votada en cada un dos concellos de Galiza, e poderedes ver que gaña de calle ese azul oscuro.
Eu si son Lores, despois do feito en Pontevedra, e con estes resultados porque chega un tipo que un dos seus logros máis sonados foi facer un pedazo porto deportivo para que os ricos e o rei paseen os seus iates, e para ter a praia, teñen que ir a por area a Portugal, pois sinceramente, lle mando un corte de mangas a todolos Pontevedreses e lles digo que se queden con ese fulano, e a ver si traballa a metade do que traballou o bipartito nesta candidatura.
coma sempre, tras as eleccións, decepción.
apertas
O de Pontevedra non no entendo... que alguén con máis información nos descubra o misterior de que un sr que ven a facer negocios (como, indirectamente, el mesmo recoñeceu) andivera perto da maioría absoluta e casi deixara fora do goberno a un bipartito que levou tan ben a cidade.
A vida é así. O de pontevedra creo que é un toque de atención a un goberno local que, nesta última lexislatura, pecou de soberbio pero que, se apunta o que dixo a cidadanía, ten catro anos para convencer aos descontentos de que o seu proxecto é mellor que o dun contructor que gosta moito de verse nas fotos. Aínda así, tal e como dixen no artigo, Galiza dille aos seus políticos que non gosta de maiorías absolutas e que os partidos deben acadar pactos para que os concellos e o país avancen. Esperemos que o pp, con catro anos de deserto por diante no poder local das grandes cidades (graneiro de votos importante), abandone as teses zaplanistas e acebistas de ·todo ou nada· e regrese á senda dos pactos...mais lles vale!!
que razón tiñan aqueles que dicían que votar PSOE era o primeiro paso para acabar votando a dereita (ou a ultradereita).
qué tipo de de espectaculo é o que están a recrear o PSOE e o PP en Poio?
Cómo pode permitir o PSOE este tipo de farsa cara os seus votantes?